ENTREVISTA

Ricardo Dios ( Illa de Arousa, 1974)

Adestrador do Deiro

______________________________________________________

 

Tomou as rendas do Clube a finais de Outubro de 2006, nunha mala etapa do equipo – viña de perder co Grove “b” por 4 a 0, e ocupaba posto na parte baixa da táboa – A súa chegada foi un auténtico revulsivo, escalou varios postos na clasificación no que restou de primeira volta, e cuajou unha espectacular segunda parte de Liga, gañando todos os partidos excepto un, que perdeu co Grove “b” no Monte da Lomba (1-2), cunha arbitraxe pésima, e cos 11 xogadores mecos metidos debaixo da portería toda a segunda parte. Con todo esto, rematou a Liga no 3º posto, a 2 puntos do ascenso, que acadaría de non ser polos puntos que lles dou a Federación a Dorrón e Grove polas reclamacións de varios partidos.

A día de hoxe, o Deiro é líder da clasificación, seguido moi de cerca polo Bamio e o Cambados “b”, equipo éste último, que nos visita ésta semana, o que supón un duro examen para concretar as aspiracións do equipo.

 

-Bueno, Ricardo, ahí ven a primeira “final”, danos un pronóstico:

-Victoria do Deiro.

-Ves ó Deiro en segunda?

-Dígocho ó final, daquela falaremos.

-Qué che parece o Cambados?

-Vai a estar ahí arriba, pode ser un candidato ó ascenso, anque as súas opcións dependen, como filial, das necesidades do primeiro equipo, dos xogadores dos que poidan dispoñer cada Domingo

-Coñeces ó adestrador do Cambados?

-Coñezo a “Mara”, e pódoche dicir que ten moito mérito o que está facendo no seu equipo. Como che dicía antes, debemos ter en conta que é moi difícil levar un equipo filial, prácticamente non sabes ata o último momento con que xogadores podes contar en cada xornada, tes que improvisar moito, cousa que él fai con moito acerto, á vista están os resultados

-Voltemos ó Deiro, cómo afrontamos  éste partido?

-Con moitas ganas, a xente está moi entregada, entrenando ben todos, co único lunar das baixas de For e Iagiño, e a duda de Nando. Intentaremos sacar bo resultado, neste partido, e nos que restan.

-Sabemos da entrega e do bo fútbol que practica éste equipo,… qué é o que lle falta para afrontar un hipotético salto de categoría?

-Eso xa sería outra cousa…Tería que haber, non sei, máis confianza no equipo, un pouco máis de unión, non encaixar goles “inútiles”…, e máis de catro deberían de coidarse un pouco máis, se queremos cumplir os obxectivos marcados

-Qué lle dirías á afición de Deiro?

-Que son os mellores, e que nos sigan apoiando como hasta agora

-Mellores equipos da categoría:

-Bamio, Umia, Cambados e, sin lugar a dudas, o Deiro. Haberá sorpresas na segunda volta cos de abaixo, léase Armenteira, Beiramar e Xil, por exemplo…

-Unha pregunta ineludível: cal é o teu equipo na élite do futbol?

-O Barça, menos cando se enfronta co Celta, por suposto

-Falemos un pouco de ti; con 26 anos colgaches as botas despóis de militar cinco temporadas coa elástica do Céltiga en Rexional preferente, para dedicarte á túa gran pasión: adestrar. Actualmente contas con título de Adestrador “nivel 1” e “nivel 2”. Fálanos un pouco do teu palmarés deportivo

-Como xogador, militei nos Xuvenís do Céltiga, 2 temporadas no Chispa en 3ª e 2ª autonómica, para rematar xogando 5 temporadas no Céltiga, en Preferente;

Como adestrador: Cadetes do Céltiga e Xuvenís do Céltiga, co que o 1º ano ascendemos a Provincial, e o 2º  ano disputamos a fase de ascenso a Galega. Seguíronlle 2 anos nos cadetes do Arosa en Galega, 1 temporada no Catoira en 1ª Autonómica. Oito meses (dende octubre de 2006) e o que vai de temporada, aquí, no Deiro.

-O mellor “doping” para adestrar…

-Tolear un pouco de vez en cando, e sobre todo, ser un máis do equipo

-Un obxectivo persoal…

-Adestrar na Terceira División…anque tamén se estudiarían ofertas do Barça ou Madrid ( risas )…

-Para rematar, Ricardo, qué lle pides ó 2008?

-No persoal, saúde. No deportivo, o ascenso

-Gracias Ricardo, e que os Reis se porten tan ben contigo como ti te portas con nós.

 

7 PREGUNTAS A TRAICIÓN

 

1)    Unha película: El Club de los poetas muertos.

2)    Unha canción: “Galilea”, de Sergio Dalma.

3)    Un plato: Tortilla

4)    Unha bebida: Coca cola

5)    Un personaxe histórico: Cristóbal Colón

6)    Un sitio para vivir: (sin dudar) A Illa de Arousa

7)    Un sitio para perderse: Unha Illa desértica en Punta cana


SANCIONES
TIEMPO EN VILANOVA DE AROUSA
 
Hoy habia 1 visitantes (6 clics a subpáginas) ¡Aqui en esta página!
Este sitio web fue creado de forma gratuita con PaginaWebGratis.es. ¿Quieres también tu sitio web propio?
Registrarse gratis