A CRÓNICA
SEGUNDA AUTONÓMICA
XORNADA 24 (28/02/2010)
DEIRO 4 - UMIA 1
ESTE DEIRO PODE FACER HISTORIA
viento en popa, a toda vela,
no corta el mar, sino vuela
un velero bergantín..."
Ao son desta famosa estrofa de "La canción del pirata" do poeta Extremeño José de Espronceda, tal parece que navega o equipo laranxa. A tan anunciada "ciclogénesis explosiva" que nos ía visitar no día de onte, e que non foi tal, víuna o Umia no Monte da Lomba en forma de filigrana futbolística. Empezóu suavemente, como se estila nestes fenómenos meteorolóxicos, foi arreciando paulatinamente, con refachos de ataque cada vez máis contínuos, froito dunha boa disposición táctica de Pichino, que unha vez máis apostóu descaradamente polo ataque, con Toni, Cata e Torrado lanzados sobre a área visitante. Foi Torrado, precisamente, quen lles fixo saber ós de Barrantes que o ciclón de hoxe sí que iba en serio, e de qué xeito, como él mellor o sabe facer, con un golazo por toda a escuadra, como para demostrar que está ahí e que sempre estivo, cos seus altos e baixos, pero sempre como referente do ataque laranxa. Namentras, Cata e Toni, ó seu, como avisándolle ó rival que o temporal, lonxe de amainar iba a ir a pior, isto é, creando perigo constante e facendo gala dunha forza e empuxe encomiable. E, claro, foi a pior.... Outro recoñecido ídolo da afición local, Iago, encargaríase de tirar unha falta relativamente lonxana, marcando o segundo a media altura, imparable por moito que tropecentas pernas se interpuxeran non seu camiño. Co medio campo controlado por dous xigantes (léase Cibrán e Augusto), e a liña defensiva apuntalada por fenómenos do tipo Dani, Quique ou Balán, a portería lucía cancerbeiro debutante: Martín, un chaval xoven e áxil, que anque non tivo moito traballo no día de hoxe, cumpléu moi correctamente e deixóu unha boa impresión. Viuse seguro e ben colocado, mália a presión de suplir na casa a un porteiro como Diego. Arreciaba o temporal de ataque cando víu o penalti que lanzaría Augusto "o tremendo", con resultado de gol, e á postre co 3-0 no resultado. O 3-1 para os visitantes viría da man de outro penalti, que sería a única forma de marcar do Umia vistos os escasos méritos amosados polo outrora "besta negra" do Deiro. Para rematar a faena, qué mellor xeito de facelo co cuarto da tarde a modo de puntilla, ete aquí ao Augusto, é o seu estilo: un balón que lle ven deus sabe cómo, a certa distancia da área, á altura quen sabe se de o ombligo.... difícil ¿non?, pois non para o "tremendo", que a engancha polo aire coa dereita e a cola por toda a escuadra, poñendo punto e final a este temporal que remata sin máis incidentes, desatando a renglón seguido a correspondente chuvia de ovacións dun agradecido público.
Encabezamos esta crónica dicindo que o Deiro este ano pode facer historia, e así é, no próximo capítulo no campo das Cachizas, en Dena, parroquia do Oeste do concello de Meaño, e saída ó mar deste, saberemos cal é o futuro máis inmediato do equipo, que así, casi sin querer, ocupa o quinto posto empatado, precisamente co Dena (que marcha de cuarto) a 44 puntos. Soñar é de balde, e agora está máis ca nunca ao noso alcance. Marchamos máximos goleadores da Liga, unha victoria poríanos por riba do dena, e, posiblemente de algún máis. Se seguimos a facer o fútbol que estamos a facer, é posible que se consiga o ascenso á primeira división provincial, o segundo ascenso do Deiro en dous anos. Si lle engadimos o máis que probable ascenso do equipo Alevín, auténtico orgullo da familia laranxa, o Deiro fará historia. Anque para iso, a afición, esta tremenda afición, ten que desplazarse en masa a Dena o vindeiro Domingo 7,  día número 66 do ano no calendario gregoriano, e día de Santa Perpetua, Felicidad e Felicia.
E rematamos, como non, con outra estrofa de "La canción del pirata":
"...Navega, velero mío
sin temor,
que ni enemigo navío
ni tormenta, ni bonanza
tu rumbo a torcer alcanza,
ni a sujetar tu valor..."
 

CRONICAS TEMPORADA 2008/2009

 

CRONICA
2ª AUTONOMICA
XORNADA 21 (aplazada)
 
DEIRO vs MOSTEIRO: 1-1

O QUE PERDOA....

Sin ser unha maravilla, o partido de hoxe foi bonito de ver. Intenso, loitado e con rachas de fútbol combinativo. En frente, un Mosteiro que non tiña nada que ver con aquel da primeira volta, ó que se arrollou na primeira parte, e que inmerecidamente nos había deixado un empate idéntico ó de hoxe. O Mosteiro de hoxe saíu moi motivado ó campo, e amosóuse como un rival moi correoso, moi posto en defensa, e cómo non, moi pícaro. O Deiro, pola súa banda, tamén saltóu ó campo con ansias de merendarse ó seu rival o máis rápido posible. Dende o comenzo levóu as rendas do partido, saíndo con velocidade, e balón xogado dende atrás. Toni e Iaguiño internábanse con moito perigo na área visitante unha e outra vez; Xambo e Nando, multiplicábanse no medio do campo para cortar as contras do Mosteiro, e voltar a armar un novo ataque. Falláranse xa moitas ocasións cando rematou Milo un córner que poría o 1-0 no marcador no minuto 35. Así, con varias ocasións marradas e con dez minutos nos que o Mosteiro crearía certa angustia na área local, a través do “moreno” Carlos, foise ó descanso.
A segunda metade traeríanos máis do mesmo, perdonaríanse, incluso, máis ocasións. As máis claras, unha de Toni, que se encheu de balón, e un tiro de falta de Andrés que foi raso a dar co poste. Xambo tamén o intentaría en máis de unha ocasión dende lonxe. Como todos sabemos, neste mundiño do fútbol non se debe perdoar, que logo marcan eles e quédache cara de parvo. E así foi... Nunha xogada aislada, unha mala saída e despege de Héctor, e a falta de entendemento de dous defensas que chocan entre sí, posibilita que un rival chute un balón morto que Andrés se ocuparía de sacar coa man cando éste se colaba na portería. Penalti e expulsión de Andrés. Jonathan se encargaría de transformar. Seguiron dez minutos e catro de desconto, nos que o Deiro, con dez, se multiplicóu en ataque, pero xa era tarde, e nesas circunstancias xógase máis co corazón que coa cabeza...
 
O DEIRO: Pese ó resultado, os chavales fixérono ben.

O MOSTEIRO: Levóuse un premio, cando menos, excesivo.

O ARBITRO (4): Non mideu co mesmo rasero ós dous equipos, sobor de todo nas faltas e tarxetas. Tamén hubo mans na área do Mosteiro nunha ocasión.

A GRADA: Boa entrada, e moito alento.


OS DO DEIRO 1 X 1
(Puntuación de 1 a 10)

HECTOR: 6
QUIQUE: 7
DANI: 7
XAMBO: 9
IAGO: 8
ANDRES: 7
HARRY: 6
NANDO: 8
MILO: 6 
IAGUIÑO: 8
TONI: 9
 

AUGUSTO: 7
MARCOS: 7 
RUBEN: 7
A FIGURA: XAMBO: 9 Loitador infatigable, fixo de todo o que se pode facer nun campo de fútbol, ocasións incluídas.
 

    19 de Marzo de 2009
 

 

CRONICA
2ª AUTONOMICA
XORNADA 27
 
DEIRO vs MORAÑA: 3-1

REACCIÓN

Falamos esta semana de que o equipo tiña que reaccionar, e que para elo, era imprescindible que hubera comunión entre adestrador, equipo, directiva e afición. Invocamos dende aquí que o Domingo ésta gran familia que conforma o Deiro tiña que ser unha piña, e así foi.
A tarde presentóuse ideal para a práctica do fútbol, e o Monte da Lomba rexistrou unha entrada de gala, como se os nefastos resultados acadados en xornadas anteriores non existisen. A afición deulle alento como nunca a un equipo que hoxe recuperóu o xogo ó que nos tiña acostumados, facendo gala de garra e entrega, e - cómo non -, doses de bo fúbol, moi necesarias para enfrontarse a un Moraña que tamén amosou boas maneiras, sobor de todo no aspecto ofensivo. A primeira metade estivo un tanto igualada, con ocasións para os dous bandos, se ben sería Rubén quen se encargaría de inclinar a balanza para os laranxas marcando o primeiro gol da tarde. Na segunda, e anque Eloy marcaba o gol do Moraña nos primeiros compases (ao meu ver, en claro fóra de xogo) , o Deiro deixaría patente a súa superioridade, nomeadamente física, imprimíndolle máis velocidade e intensidade ó seu xogo. Á fortaleza defensiva, capitaneada por un soberbio Iago, uniríanse as endiabladas embestidas de Iaguiño, e a velocidade de vértigo das internadas de un fenómeno chamado Toni, o que propiciaría que Iago anotase dous novos tantos para os seus. En resumen, bonito partido dos de Ricardo, no que se recuperou o fútbol, a entrega e a intensidade física que caracteriza a éste equipo, contra un digno rival como é o Moraña, e que, de paso, devolvéu a ilusión ós seus moitos seguidores. Que non decaiga...
 
A CARTELEIRA:

“EL BUENO”: Con maiúsculas, Celso, Presidente do Moraña, caballero onde os haia, apórtalle unha boa dose de dignidade a éste mundiño do fútbol aló onde vai.
“EL FEO”: O sinto moito, pero hoxe, éste máis que dudoso galardón, hai que darllo a un home da casa: Torrado (o Vice). Xa sabemos cómo se as gastan algúns en Moraña, pero armarlle un escándalo ó remate do partido por algo acontecido no partido de ida, non é de recibo, nós non podemos poñernos á súa altura. Con gañarlle xa van máis que “contentos”. Vaia para tí o meu estirón de orellas.
Y “EL MALO”: Dous... O delegado e o masaxista do Moraña, que fan gala dunha ignorancia, chulería e prepotencia digna de estudio. Celso non se merece personaxes de tan baixa calaña con él. Dígoo con acritud, pero non sen motivos...
 
O ARBITRO (7): Anque na súa contra hai un gol do Moraña en posible fóra de xogo, a súa actuación foi moi correcta tirando a notable.

O DEIRO: Voltóu a ilusionarnos

O MORAÑA: De máis a menos...

A GRADA: Abarrotada de abnegados, sufridos e animosos seguidores do Deiro. Fixéronse notar nun par de ocasións uns/as cantos/as aficionados/as de Moraña, algúns/as, xa vellos/as coñecidos/as.


OS DO DEIRO 1 X 1
(Puntuación de 1 a 10)

HECTOR: 7
QUIQUE: 7
IAGO: 9 
XAMBO: 7
IAGUIÑO: 9
ANDRES: 7
HARRY: 7
NANDO: 7  
TONI: 9
MILO: 6 
RUBEN: 7 
 

ACHA: 7 
AUGUSTO: 7
VICTOR: sen tempo
FLECHA: sen tempo
 
A FIGURA: TONI: 9 Pola dereita, pola esquerda, por arriba, por abaixo e polo medio.... a Toni quédaselle o campo pequeno, e os 90 minutos cortos...
 


 

¿Crise?...
Quizáis non sexa a máis acertada, esta verba tan de moda últimamente por outros motivos, e tan socorrida polos equipos profisionais. Quizáis a modestia da categoría na que militamos, e mesmo a do proprio Clube, nos impida dicir que estamos atravesando unha crise, de fútbol e de identidade.
O que sí está bastante claro é que algo pasa co equipo. Nos ultimos tres partidos, deuse unha imaxe moi por debaixo das posibilidades do conxunto, un conxunto que fai tan só tres semanas aspiraba a todo, e que agora navega sen rumbo. Lonxe de ser pesimista, quero crer (e vostede seguramente tamén) que ísto é algo pasaxeiro, e que o próximo Domingo veremos como o equipo volta poos seus fueros. Agora é o momento de estar, máis se cabe, con eles. Agora é o momento de estar máis unidos ca nunca xogadores, adestrador, directiva e afición. O próximo domingo temos que ser todos un.... ¡¡ aúpa deiro !!
 

 

CRONICA
 
ESTACION – DEIRO : 3-2

NON LEVANTAMOS CABEZA

Capítulo 3º da particular travesía polo deserto que protagonizan os pupilos de Ricardo Dios. Desesperante travesía que tivo o seu comenzo en Monteporreiro o Domingo de Antroido, e que nos fixo voltar para a casa coa cachola baixa e as orellas gachas, entre comentarios dos parroquianos pontevedreses do tipo: “e iste é o equipazo que din que teñen..?” ou “non sei porque están ahí arriba”...E para que non voltásemos a facer o choqueiro contra o Noalla, adiantóuse o partido ó Sábado. Agora sen excusas, máis do mesmo... empate a ceros contra un equipo que non era, ó meu parecer, moito mellor que o da semana pasada. E o peor de todo é que o equipo non se atopou no campo...
Coa sensación de que isto foi un pequeno bache sen máis importancia, acudimos á Xunqueira unha boa morea de valentes aficionados, que sacrificóu o día do “Momo” para ver se o equipo dos seus amores era quen de arrancarlle tres puntos ó colista. Pos nin eso.....
Para ser medianamente obxectivo, o que parecía colista foi o Deiro. Mirade que o equipo rival era maliño, quizáis dos piores. E xa remataran os Carnavais..., e o campo é de céspede artificial coma o noso, e a temperatura ideal.
A primeira metade foi horrible, parecía que era a primeira vez que xogaban xuntos. Na segunda, a entrada de Toni ( o único que destacou un  pouco ), parecía que lle ia dar un pouco de aire fresco ó equipo, ó pouco de comenzar marcamos o 0-1, máis aínda o estábamos celebrando, e marcaron eles (30 seg.). Bueno, pódese dicir que sacamos peito, fomos un pouco arriba (pouco), ata provocar un penalti que transformaría Milo. 1-2 no marcador, e adeus....
Voltou a reinar a “pájara” xeral, e o mediocre equipo que tiñamos enfrente marcaría o segundo..... o terceiro.... e se dura máis o partido máis levaríamos, pódovolo asegurar sen temor a equivocarme......
 
RESUMINDO:

O DEIRO: O peor das últimas 4 temporadas....

O RIVAL: Nin correoso….

O ARBITRO (5): Un pimpín... anque non influiu para nada...

A GRADA: O mellor que lle pode pasar ó Deiro, é conservar esta afición, a mellor de entre as mellores...

LEMBRADE:

OS DO DEIRO 1 X 1
(Puntuación de 1 a 10)

Ningún chega ó aprobado nin de lexos, e sendo moi xeneroso...


A FIGURA:  A afición, unha vez máis
   

 
    8 de Marzo de 2009.

 

 


CRONICA
2ª AUTONOMICA
XORNADA 22
 
CATOIRA vs DEIRO: 1-2

MILO DESATA O DELIRIO NA BANCADA

Excelente resultado, podería ser o adxetivo máis axeitado para definir o acontecido hoxe nun partido tan intenso como falto de bo fútbol. Excelente, sobor de todo, porque este resultado permítelle ó Deiro e ós seus aficionados seguir soñando con rematar a liga ocupando un dos dous postos de cabeza que dan dereito a ascender de categoría, idea esta, que se ben a comenzos de temporada podería parecer unha sorte de utopía inalcanzable para a modestia de este Clube, hoxe amósasenos como algo factible, posto que Ricardo e os seus pupilos están a realizar un traballo impecable, e a afición está respondendo como nunca, en cantidade e calidade, nas duras e nas maduras.
Con respecto ó partido de hoxe en “terras vikingas”, cabe destacar que os seguidores de San Miguel coparon un 75% da bancada, iso sí, o seu sosego contrastaba co exceso de “furia” dos aficionados locais, que se adicarían durante todo o encontro (e antes xa de comenzar), a recriminar calesquer  cousa que fixese Xambo. No campo ocurriría outro tanto do mesmo. Excesivamente motivados, coido eu, os de Catoira protestaban todo airadamente, como din os de Lalín, “con razón ou sen ela”. Ambos equipos dispuxeron de ocasións nesta primeira parte, sendo un xogador dos locais o que se encargaría de abrir o marcador no minuto 30 en claro fóra de xogo, iso sí, coa axuda dos xogadores do Deiro, por pararse alzando as mans para denunciar a ilegalidade da xogada. Co Deiro lanzado, Milo devolveríanos a tranquilidade marcando a saque dun córner no minuto 43. Pero non sería esta a xenialidade do dianteiro Isleño, esta viría 15 minutos despóis do descanso.
Se na primeira parte predominou a igualdade, na segunda notóuse máis a supremacía do equipo laranxa. Supremacía da que deixou constancia Milo marcando un golazo dende o mesmo medio do campo. Golazo que desatou a euforia da afición visitante, deixóu atónitos ós locais, e sumeu na impotencia ós xogadores Catoirenses. A partir de ahí, pouco que salientar, agás un pouco de xogo duro e moitas protestas...
O vindeiro Domingo, benqueridos e sufridos seguidores, agárdanos un partido clave para as nosas aspiracións, e vouvos a pedir que sexades puntuales, pois haberá algunha que outra sorpresa....
 
 
A CARTELEIRA:

“EL BUENO”: Xambo, que aguantóu, inxustamente, as iras dos locais (xogadores e afición). As iras e algún que outro golpe. Inda así, con todo en contra, cuajóu un fenomenal partido.
“EL FEO”: O lamento, pero eu esperábame outra cousa de Joseíño, o adestrador local. Fóra de sí, fixo gala dun teatro impropio dun adestrador da categoría que se lle supón. Tamén hubo moitos “feos” na grada e no derredor da valla.
Y “EL MALO”: Unha vez máis, o árbitro.
 
O ARBITRO (1): Unha cousa e deixar xogar e outra ben distinta é permitilo todo. Tampouco é de recibo pitar o que mandan os xogadores nin a xente da bancada. Hai maneiras de ser “caseiro” sen que se note tanto.

O DETALLE: Depois deste partido, por fin voltamos a xogar na casa, se non hai temporal que o impida, claro...

OS DO DEIRO 1 X 1
(Puntuación de 1 a 10)

HECTOR: 8   
DANI: 7 
RUPO: 7  
ANDRES: 7 
QUIQUE: 7
VICTOR: 7 
XAMBO: 8
RUBEN: 7 
AUGUSTO: 7
TONI: 7 
MILO 8 
 

HARRY: 7 
FLECHA: 7
IAGUIÑO: 7
ATILANO: sen tempo
LIÑO: sen tempo
 
AS FIGURA: MILO: 8 ¿Quen dicía na bancada que Milo non andaba fino?... aaay...homiños de pouca fé....
 
 

 
    8 de Febreiro de 2008
 

 


CRONICA
2ª AUTONOMICA
XORNADA 20
 
CAMPOLAMEIRO vs DEIRO: 0-0


MAL MENOR
Praderrei é un lugar pertencente á parroquia e Concello de Campolameiro, provincia de Pontevedra. O seu centro xeográfico dista da capital municipal apenas 1,8 Km., e 22 Km. da capital de Provincia. Está situado a 350 metros sobre o nivel do mar, e a súa poboación é de 240 habitantes, según o censo do ano 2007. Praderrei está comunicada co resto do mundo polas estradas PO230, que a acerca a Cerdedo, pasando por Serrapio. A PO223, que conduce á capital da provincia, pasando por Gargallóns e Sta. María de Xeve. A PO221, que nos leva á cercana Moraña, e finalmente, a ruta da Estrada, tomando no centro de Campolameiro a estrada PO222 hasta Codeseda, e en Codeseda a VP2003, que conduce á Estrada, pasando por Nigoi, Tabeirós e Ouzande. Todas elas con un denominador común: estreitas e con 5 ou 6 curvas de vértigo por Km. Conta Praderrei cun impresionante patrimonio arqueolóxico recentemente declarado de Interés Europeo, coa máis grande concentración de petroglifos de toda Galicia, que datan de 4.000 anos antes de Cristo. Para os que, como un servidor, gusta da natureza, Praderrei dispón de grandes carballeiras, extensas fragas autóctonas, ríos e pequenas fervenzas de extremada beleza, a pesar de que os incendios destruíron boa parte do seus montes. Un deses montes, de nome “Chan da Carota”, foi elixido no seu día por algunha cabeza pensante da localidade, para plantar alí un campo de fútbol, co noble obxecto de que os mozos do lugar practicasen o denominado “deporte rei”, polo que literalmente lle cortaron a rás a cabeza ó monte, e ala, vestiarios, cantina, valla arredor e campo listo. Foi o comenzo do Club “Iberia Praderrei”, moi coñecido no seu entorno polo seu fútbol, digamos, “contundente”. Tamén disputa alí os seus partidos, momentáneamente, o noso rival de hoxe, C.D.Campolameiro , namentras lle arreglan o seu campo.
O que vos quero dicir con isto, é que ó estar o campo no máis alto dun monte, rodeado de fragas e carballeiras, nunha zona especialmente húmida, cando chove (cousa que se prodigou en abundancia esta semana), aquel campiño anégase, enlámase, e xogar nel convértese nunha tarefa case imposible.....
E a estas alturas dirá vostede: "¡¡¡ qué carallo é isto !!!
Pois ahí ten a crónica, iso mesmo dicía eu hoxe vendo o partido.
Pois falando do partido, (que para iso non cobro) dicir que foi pésimo, por parte duns de doutros.
O mal estado do campo, e o lóxico cansancio do partido de copa do mércores na Madroa hai que sumar as ausencias de Xambo, Iago e Toni, e unha arbitraxe patética. A pesar de todo, non nos debe de valer de excusa para xustificar un empate a cero goles contra un equipo, o Campolameiro, bastante cativo. Non hubo frescura, nin ideas, por veces parecía non haber nin actitude. Tres ou catro ocasións na primeira metade e pouco máis. Na segunda, milloróuse un pouco, pero non sería ata os últimos quince minutos desta cando chegarían as mellores oportunidades de marcar. Pola súa banda o Campolameiro tamén dispuxo das súas, pero atopóuse con un espléndido Diego imposible de batir, tan espléndido que é o único que se libra hoxe da miña queima particular. Mención aparte (por non dicir que lle habería que dar de comer aparte), ma merece o árbitro. Por se fora pouco que o balón non rodara por culpa da lama, este señor adicóuse a pitar de todo, hubérao ou non, cada medio minuto, pitar fóras de xogo que só vía él, tropecentas faltas inexistentes, e o máis triste, anularnos un gol, que para min era legal. O que sí fixo ben foi permitir as duras entradas do rival...
E, bueno, valga o comentario no estrictamente deportivo. No persoal, coido que pouco máis se lle pode pedir a éste equipo, que leva unha semana moi dura, con tres partidos disputados, alomenos dous deles moi complicados.
Ah !, olvidóuseme dicir que a ecomía do lugar se basea, na maior parte, na agricultura, a gandería e aproveitamento dos recursos forestais, e que o alcalde se chama Julio G. sayáns Bugallo. De nada...
 
PARTE DE GUERRA
O ARBITRO (0): Os motivos, unhas liñas máis arriba.
A GRADA: Cerca de un centenar de aficionados do Deiro, que se pode calificar de excelente, despóis do trafego desta semaniña, a hora do partido o recóndito do lugar.
OS DO DEIRO 1 X 1
(Puntuación de 1 a 10)
DIEGO: 9                
DANI: 4
RUPO: 5
ANDRES: 5
QUIQUE: 4
VICTOR: 4
FLECHA: 4
AUGUSTO: 5
RUBEN: 4
MILO: 4
TORRADO: 5

ATILANO: 4
HARRY: 5
MARCOS: 4
MORA: 4
 
A FIGURA: Diego (9) Parou cinco ou seis ocasións de gol, e encima, a xogada de máis perigo, saeu das súas botas, cando foi a sacar unha falta no campo rival nos últimos minutos.
                    
   

 
    25 de Xaneiro de 2008

 

CRONICA
COPA DEPUTACION
8º de final
 
GRAN PEÑA vs DEIRO: 5- 0


PUNTO E SEGUIDO
Con un resultado tan abultado como engañoso, rematou o Deiro a súa andadura pola Copa. Engañoso porque o equipo ó que nos enfrontamos, non demostrou nada do que, a priori, se lle supoñía. Máis ben se podería dicir que a fortuna se alióu con eles nesta noite de intenso frío, vento, choiva e néboa.
O primeiro gol chegaría ós cinco minutos de partido, a remate de un córner. A partir de ahí, os locais adicáronse a acumular efectivos en defensa, saíndo ó contragolpe de cando en vez sin excesivo perigo. O Deiro non foi quen de marcar nas múltiples ocasións das que dispuxo (tiro ó poste incluído), debido en gran parte á maraña defensiva do Gran Peña, que non deixaba metros de marxen, e tamén á actitude do linier de turno, que sinalaría algúns foras de xogo, cando menos, moi rigurosos, actitude que se agravaría na segunda metade.
A segunda parte non podería empezar de peor maneira. Nin o equipo, nin o cento de sufridos aficionados que se desplazaron á Madroa nesta noite infernal, se imaxinaban que o final do soño copeiro iba chegar en forma de gol en propia meta no primeiro minuto. Con todo, e anque a desilusión xeral foi maiúscula, o equipo non lle perdeu a cara ó partido en ningún momento, malia que remontar un 2-0 tornaríase en misión imposible. Arreciaba o temporal na Madroa, e no minuto 20 un manto de néboa cubriría totalmente o campo, isto non foi óbice para que o árbitro suspendese temporalmente o partido os dez minutos que ésta durou, era imposible ver nada a tres metros, circunstancia que aproveitou o Gran Peña para marcar o terceiro. Quedóuse o Deiro con dez trala expulsión de Augusto. A renglón seguido marcaron os locais en clamoroso fóra de xogo, para rematar co quinto nos últimos minutos.
Hoxe, a Madroa foi testigo do punto e seguido a unha gesta do equipo laranxa, unha gesta que o levou a ser o equipo modesto que máis lonxe chegou nesta competición, pero, sobor de todo, a Madroa foi testigo da afición que move este equipo. Á Madroa desplazáronse, nunha noite de cans, un día no medio da semana, un centenar de aficionados do Deiro, que deixaron atónitos á dúcia de aficionados vigueses. Nin o frío (a auga que caía conxelábase nas escaleiras da grada) nin a choiva, que grazas ó forte vento empapou a todo o mundo, foi quen de arredar a unha afición, que a forza de bombo e tambor, non deixou de animar ós seus dende o principio ata o final do encontro. Agora é o momento de rendirlle tributo a esta afición e a este equipo, agora é o momento en que os xogadores, aficionados e directivos poñan en valor os frutos da unión, o momento de acadar cotas máis altas.
O de hoxe non foi un punto e final, o de hoxe é un punto e seguido...
 
 
 
RESUMINDO:
O DEIRO: Plantou cara pero faltoulle sorte.
O RIVAL: Excesivo premio para este equipo que non demostrou o porque está na categoría que está.  
O ARBITRO. Empeza a ser digno de estudio o porqué os árbitros nestas competicións, soen decantarse máis a favor do equipo de maior entidade.. ¿será por vergoña allea?...
Curioso é tamén que cando o asisten linieres, estes, no canto de axudar, entorpecen... e eso que os de hoxe iban dotados de “pirinjanillo”, debe de ser un tema mediático, porque ou non funcionan ou non os utilizan. A min todo isto paréceme unha fantasmada....
A GRADA: Un cento de aficionados do Deiro, que,  a golpe de Mércores, se desplaza nunha noite infernal, ao alto do monte máis alto de Vigo, ten moito mérito. Máis se comparamos a escasa dúcia de aficionados do Gran Peña, que xogaba na casa. E nos dín que ista non é a súa liga. Acaso é a nosa?
O XESTO: Intercambio de agasallos nos prolegómenos do partido. O capitán do Deiro faille entrega dun banderín ó Gran Peña, e este á súa vez nos agasalla cuha placa conmemorativa.
O DETALLE: O detalle foi de Venerando, levóu bocadillos para o remate do partido. Non imos pedirlle que o repita, simplemente lle imos pedir que a próxima vez lle meta algo dentro...
 
O MELLOR:  A comunión entre equipo e afición.
                        

    14 de Decembro de 2008

 

 

CRONICA
2ª AUTONOMICA
XORNADA 19
 
BUEU vs DEIRO: 2-5


A LARANXA MECÁNICA
Salvando as distancias obvias con aquela selcción que maravillou a medio mundo co seu fútbol nas décadas  dos 70 e 80; e dende a humildade propia da categoría na que militamos, ésta tarde o Deiro, por garra, por entrega, pola ambición que amosaron e polo espectáculo que nos ofreceron, merece ser calificado desta maneira. Un vendaval pasóu por Bueu, sobor de todo na primeira parte.
Dúas ocasións clamorosas, un penalti cometido sobre Toni que o árbitro non tivo a ben pitar, e un golazo de Torrado, por velocidade e por calidade. Todo isto aconteceu nos primeiros 5 minutos. Ós 8 xa Rubén tería marcado o segundo de xeito espectacular. Seguiron 37 minutos plagados de ocasións a gol cantado, con tanto legal anulado polo trencilla incluído. Éste home sería o encargado, xunto co porteiro local (que fixo auténticos paradóns), de evitar unha goleada de escándalo, pitando unha morea de foras de xogo, cando menos rigurosos. Como todos sabemos, errar é de sabios (ou a escusa é perfecta), e nun deses erros, nomeadamente da liña defensiva, chegaría o primeiro do Bueu no último minuto desta primeira, que ata ese momento só se achegaría á área visitante no minuto 35, sin perigo de ninguha caste.
Na segunda seguimos coa mesma tónica, Xambo deixa ben claro, ós cinco minutos quen manda aquí marcando o 1 a 3. Hasta 15 minutos máis tarde, cando un fenomenal Rubén marcou o seu segundo (cuarto para o equipo), a laranxa mecánica funcionóu como un motor a gasolina lanzado en sexta sobre a área local, presionando sin respiro no medio campo, e acurralando ó rival no seu campo. Os últimos 20 minutos xa foi outra historia. Os xogadores do Bueu, desquiciados, e vencidos pola impotencia, sacaron a relucir a cara máis fea do fútbol. Marrullería, entradas duras e protestas sin sentido acabaron obligando a baixar o acelerador ós de San Miguel, ó tempo que 3 xogadores do Bueu serían expulsados en apenas cinco minutos. Sobraron os últimos dez minutos, nos que o Bueu marcóu o segundo con 8 xogadores no campo, e ós que poría final Torrado, sentando ó porteiro e marcando a porta vacía o quinto, con total tranquilidade, o que lle valéu levar unha patada a renglón seguido.
Daquela, a mente de xogadores e aficionados xa estaba noutro lugar: “A Madroa”. E por se non te lembras, estimado lector, a cita é o Mércores 21 ás nove da noite, en Vigo, no campo de adestramento do Celta (na Madroa). O rival a batir, o Gran Peña, de terceira división. Sairá un autobús ás Oito do Bar Mississippi, así que non tes excusa.....
 
A CARTELEIRA:
“EL BUENO”: O porteiro do Bueu (que casualmente se chama Buyo), impresionante, parou o imparable, e arengou ós seus ata a extenuación.
“EL FEO”: Os xogadores do Bueu cos dorsais nº 7, 10, 15, 16..por marrulleiros
Y “EL MALO”:Os xogadores do Bueu cos dorsais nº 7, 10, 15, 16.... etc....
 
O ARBITRO (8): Este foi un partido moi difícil de manexar para calquer árbitro, e de seguro que moitos perderían os papeis. Anque se equivocou na apreciación de varios fóras de xogo e nos anulou un gol legal, non se arrugou cando as cousas se puxeron difíciles, e tivo o suficiente temperamento para non expulsar a un par de xogadores máis do Bueu (que o tiñan ben merecido), o que posiblemente provocaría a suspensión do partido, cousa que a nós nos conviña en absoluto. Intentou deixar xogar, aplicando a lei da ventaxa a miúdo.
GOLES do DEIRO: Torrado min.5 (0-1); Rubén min.8 (0-2); Xambo min.50 (1-3); Rubén min.75 (1-4) e Torrado min.88 (2-5). (O Bueu marcou nos min. 45 e 84.)
A GRADA: Bo ambiente. En número de aficionados, gañaron os de San miguel por escaso marxen. Con todo, unha boa nova, a afición do Deiro segue fiel ó seu equipo.
OS DO DEIRO 1 X 1
(Puntuación de 1 a 10)
HECTOR: 8 Máis áxil que de costume. Na 1ª parte colleuno o frío.                      
DANI: 8 Veloz pola banda.
RUPO: 9 Saíuse defensiva e ofensivamente.
ANDRES: 9 Por alto e por baixo, por forza e por talento, un seguro de vida.
QUIQUE: 8 Loitador e expeditivo.
XAMBO: 9 Cerebro e motor. E gol….
IAGO: 8 A tranquilidade que dá o saber que está ahí.
AUGUSTO: 9 Entrega absoluta.Unha apisonadora.
RUBEN 9 Dous golazos, e tropecentos pases de gol.
TONI: 8 Voltou a desquiciar a un equipo enteiro.
TORRADO: 9 O dianteiro total.

MILO: 7 Un chisco máis frouxo do que é habitual
FLECHA: 7 Intentóuno. O partido xa non daba para máis.
ATILANO: 7 O partido xa non daba para máis.
VICTOR: 7 O partido xa non daba para máis.
 
AS FIGURAS: Torrado e Rubén: 8 O tándem perfecto. Nun partido no que Torrado brillou a gran nivel, Rubén sacóu o tarro das esencias e regalóunos unha ristra de pases de gol. Imposible decantarse por un dos dous, tiñan lume nos pés, dérono todo e marcaron sendos golazos.
                    
   

    18 de Xaneiro de 2008

 

CRONICA
COPA DEPUTACIÓN
16º de final
 
DEIRO vs ESTRADENSE: 3 - 1


¡¡¡ TOREROS !!!
Está claro que esta Copa nos está dando moitas alegrías.
A temporada pasada, con moi poucas gañas de disputala, chegamos á final, despóis de pasar varios esperpentos que deixarían en mal lugar ó propio Valle Inclán. Lembremos que en Caroi tivemos que desfacer un muro de mampostería para que pudera pasar o autobús, e que hubo que ir a Combarro con todo o equipo a rematar unha tanda de penaltis a golpe de Xoves...
Pero o de este ano é para escribir en letras de ouro na pequena historia de éste pequeno Club. Eliminamos ó Caldas ( 1ª autonómica) de forma brillante - fomos ó descanso perdendo 0-2, e na segunda parte producíuse unha remontada espectacular. Íbamos 2-2 e o árbitro anúlanos un gol legal; na xogada seguinte, Iago, de potente disparo, con rosca,  e dende a metade do campo clava o balón por toda a escuadra esquerda.
Se ése partido se presentaba difícil, o de hoxe, cando menos imposible.
Podédesme crer, se non víchedes o partido, que todo o que relato a continuación é a verdade e nada máis que a verdade, e non algo producido pòla eufória que me embarga.
Anque poida parecer incrible, o Deiro empezóu dominando o partido, e creando ocasións (isto, posto no contexto de que o Estradense chegaba á frontal da área en tres pases, máis non podía cos defensas locais, -que hoxe parecían todos de outra categoría- e co porteiro Héctor, que fixo dúas paradas de antoloxía na primeira metade).
Ante unha afición que se frotaba os ollos, o Deiro proxectábase en ataque unha e outra vez, tuteando e gañándolle a partida a un equipo de dúas categorías máis arriba, que ocupa a 3ª praza na súa Liga, e que viña de eliminar ó Arosa por 5 a 2. Cabe subliñar que o trío arbitral se aliou co máis forte, tragándose un claro penalti sobre Milo, anulando un gol totalmente legal, e sinalando nesta primeira parte catro foras de xogo inexistentes; en unha Toni xa tiña o balón nas mallas, e noutra, quedárase Torrado só co porteiro.
A grada véuse abaixo -por primeira vez- cando Torrado colle un balón no medio do campo, e cunha velocidade endiablada, vaise de tres xogadores na súa estampida, faille un pequeno quiebro ó porteiro ( daquela iría a 80 por hora ) e marca o primeiro.
Minutos máis tarde (no ´38), o trencilla encargaríase de sacalo do medio, cunha expulsión cando menos, rigurosa, na que o dorsal nº 10 estradense tamén mereceu o mismo destino. Con éste incidente o  Deiro quedaríase con dez para o que restaba de partido.
Isto a Milo non lle gustou nada, colleu un balón como lle viña cerca do borde esquerdo da área, e dun zapatazo que levaba a tremenda forza da rabia, marca o segundo ante a atónita mirada do porteiro, xogadores e, -cómo non- afición do Deiro e allea. O creades ou non, merecido 2-0 para ir ó descanso.
A segunda metade non ten desperdicio.
Un tal Luis Antonio Bragaña Álvarez, marcou moi cedo o gol que suporía o 2-1.
Os aficionados que abarrotaban a grada, déronse conta de repente de que a noite estaba fría... moi fría, un deses escalofríos percorreunos a todos, e fíxonos pensar que con un home menos, o desgaste físico realizado polos nosos e a suposta categoría dos contrincantes, aquí se acababa todo, que pronto viría o segundo, o terceiro, o cuarto..... nada máis lonxe da realidade.
A partir de aquí, os de Ricardo deixaron o resto, fixeron gala dunha forma física portentosa; aguantaron ben uns (poucos) envites do Estradense, voltaron a crear ocasións, seguiron volcados en ataque, mentras o Estradense, conforme pasaban os minutos, vían, impotentes, que non tiñan nada que facer. Medio desquiciados empezaron a sacar o máis feo do fútbol, as patadas e os empuxóns. Froito dunha de esas faltas, ó borde esquerdo da área estradense, chegaría o terceiro gol do Deiro. Encargaríase Milo de tirala con potencia, con rosca de 90º, primeiro hacia á dereita para acabar colándose pegada ó poste esquerdo. Un sonoro grito de xúbilo atronou no Monte da Lomba, que debeu de oírse en Vilagarcía, eu penso que fixo caír a Felipe suárez da cama....
Pero isto non foi todo, os homes de negro tamén reclamaron a súa parte de protagonismo na festa. O home máis pacífico do Deiro, é dicir, Quinso (o que se encarga da cantina), foi buscar un balón perdido, lanzóuno á banda, abarrotada de aficionados dispostos a custodialo, coa mala sorte de que foi a petar na barandilla e rozóu ó linier. Éste asustóuse ( o mellor, con razón ), e o árbitro decideu suspender o partido a falta de 5 minutos para o final, amenazando con non proseguir se non viñan as forzas de orden público. Como a Garda Civil non estaba pola labor ( con este frío !!! ), reanudouse o partido 20 minutos despois.
Final do partido, e visita ó Misissippi de todos os implicados, cunha sede nejra, a celebrar a heroica gesta por todo o alto. O que pasou alí, o que se bebeu, e á hora que se marchou, xa é outra historia que aquí non se debe contar.....
 
RESUMINDO:
O DEIRO: Se hubo un equipo de máis categoría no campo, ése foi o Deiro, en tódolos sentidos. Hasta o árbitro comentou ó final que os xogadores se comportaron mellor que nadie. E claro, que xogaron ás mil maravillas.
O RIVAL: Altos, fortes e experimentados….. “pecata minuta” para o Deiro. Quizáis algún deles non debeu perder a compostura ó final.
O TRIO ARBITRAL (2): Non mediron polo mismo rasero, alomenos o linier que cubría a banda da grada. Non axudaron ó máis débil en nada, máis ben o perxudicaron...
TARXETAS: DEIRO: Amarelas para Milo, Víctor e Ricardo. Vermella a Torrado.
                     ESTRADENSE: Diego, Adrián, J. Ramón, Toni e Damián.
A GRADA: Pouco a pouco acabóuse abarrotando, i eso que a noite estaba fría e o que máis ou menos contaba con levar unha tunda. Hoxe foi a comunión perfecta entre afición e equipo. Escasa representación de aficionados da Estrada. Moi boa xente os componentes da directiva estradense.
LEMBRADE: O próximo rival na Copa decidiráse o próximo 27 de Decembro, no partido que enfrentará ó Moraña co Gran Peña de vigo (de 3ª división), en calquer caso, toca xogalo fóra.
OS DO DEIRO 1 X 1
(Puntuación de 1 a 10)
HECTOR: 10                      
RUPO: 10
DANI: 10
XAMBO: 10
IAGO: 10
ANDRES: 10
TONI: 10
AUGUSTO: 10
MILO:: 10
TORRADO: 10
RUBEN 10

DIEGO : 10
VICTOR 10
DANIEL CARDALDA: 10
 
A FIGURA:  O equipo: 10. Infranqueable en defensa, intratable no medio campo e letal en ataque.
                    
    
 
    18 de Decembro de 2008

 

2ª AUTONOMICA
XORNADA 15
EIRIÑA vs DEIRO: 0- 3

 

PURO TRÁMITE
Tarde fría e chuviosa e campo de pequenas dimensións, non foron atranco para que o Deiro dera un golpe de autoridade, e así, subir un escalón máis na clasificación.
Como se de un partido de trámite se tratara, en ésta primeira parte o Deiro asentouse ben no campo, sen facer maiores alardes. Control total e absoluto do xogo, pero sen fútbol vistoso. Hubo ocasións dabondo para irse ó descanso cunha boa renta, máis parecía que o equipo non se estaba xogando nada. O rival, pola súa banda, fixo gala da súa entrega, iso sí sen disfrutar apenas de ocasións ou chegada á área onde Héctor intentaba por tódolos medios de combater o frío. Así, como quen non quere a cousa, e entre o aburremento xeral na grada, Torrado atrapa un balón, vaise por velocidade escorado á esquerda e bate de tiro cruzado ó porteiro, xa sobre o pitido de remate de éste primeiro asalto.
Quince minutos de bostezos, e algunha que outra desesperada busca de café para combatir a “rasca” reinante, e volta a empezar.
Como xa é típico neste equipo dos nosos amores e desventuras, na segunda achuchóuse un pouco máis ó rival, que por aquiles intres xa estaba un pouco desquiciado, voltaron as ocasións... Augusto marcaría á media volta, despóis de resolver unha xogada nun metro cadrado ós dez minutos do comenzo, e logo (como se fose un amante das matemáticas) voltaría a marcar a dez minutos do final, cando lle caíu un balón a dous metros da portería no que non tivo máis ca meter o pé, iso sí, anque pareza incrible, aínda se parou a pensala.
O mellor de todo, é que esta victoria nos aúpa ó terceiro posto da táboa, sin desmelenarse, O peor, o golpe que levóu Héctor nun ollo e a mala sorte que tivo Toni, que non foi capaz de marcar en ningunha das tropecentas ocasións das que dispuxo. E o peor do peor, é que nos quedamos sin Milo, Xambo e Augusto para o próximo partido co San Andrés (sí, aquel que xogou con nós a final da copa) gracias ó festival tarxeteiro do home de negro.
Quero antes de finalizar, lembrarvos que o próximo Xoves día 18 ás nove da noite, imos dar a sorpresa eliminando ó C.D. Estradense da copa, é obrigatorio encher o campo unha vez máis, pasaremos lista....
 
A CARTELEIRA:
“EL BUENO”: Torrado, que sigue en franca progresión.
“EL FEO”: O Capitán do Eiriña, que iba demasiado “acelerado”.
Y “EL MALO”: O árbitro, sen lugar a dúbidas.
 
RESUMINDO:
O DEIRO: É posible que se pasara o choque pensando no Estradense, -cousa que non se debe facer nun partido- máis hoxe é perdonable , e na miña cachola non me cabe outra cousa que non sexa felicitalos, o espectáculo queda para outras batallas máis duras.
O RIVAL: Se éste é o equipo habitual do Eiriña, que me perdonen, pero non teñen nadiña….
O ARBITRO. Víctor M. Del Río (1): Malo con gañas. Case todo o que fixo, o fixo mal. Errou nunha morea de foras de xogo (en perxuízo do Deiro). Paróu o xogo máis do debido. Amosóu unha actitude bastante chulesca. E non contento con isto, sacóuse da manga unha morea de tarxetas, case todas elas por protestar.
PARTE DE GUERRA:
DEIRO: Amarelas para Roberto, Iago, Iaguiño, Xambo, Diego e Augusto.     Vermella para Milo.
EIRIÑA: Amarelas para Carlos e Francisco. Vermellas para Iván, Alexandre e Francisco.
GOLES: DEIRO: Torrado no ´43. Augusto (2) no ´55, e no ´80.
A GRADA: Representación casi única e exclusiva dos seguidores do Deiro (uns 80). Toda unha gesta desplazarse a orillas do Lérez co frío que facía, e a hora do partido.
O DETALLE: : A falta de cantina no campo, bo foi un quiosque de “chuches”, aparcado frente á entrada. Aparte das chucherías, dispoñía de café, refrescos, cervexa, caña tostada e de hervas, bocadillos e tabaco a precios realmente populares. De acompañamento, os cánticos do público de Pasarón.
OS DO DEIRO 1 X 1
(Puntuación de 1 a 10)
HECTOR: 6            
RUPO: 6
DANI: 6
ATILANO: 6
IAGO: 8
ANDRES: 8
IAGUIÑO: 6
XAMBO: 6
TORRADO: 7
MILO: 7
TONI: 7

AUGUSTO: 8
VICTOR: 7
RUBEN: 6
 
A FIGURA:  Augusto: 8 Medio tempo de fábula.
                    
   

 
    14 de Decembro de 2008

 

CRONICA
2ª AUTONOMICA
XORNADA 14
 
DEIRO vs FIGUEIRIDO: 5 - 1


GOLES SON AMORES
Para variar, hoxe o equipo estivo mellor na primeira parte que na segunda.
Para variar, hoxe o equipo saltóu ó campo a merendarse ó rival dende o primeiro minuto. Nesta primeira metade despregóuse un fútbol rápido e combinativo, creáronse multitude de ocasións, e impidéuse que o Figueirido saíse apenas do seu campo. En plena tromba de fútbol, e como se de repente lembrásemos que as victorias as dan os goles, bastarían oito minutos para facer tres dianas e deixar ben claro quen é o que manda.  Abre o marcador Milo no minuto 25, e remata a faena un recuperado e inspirado Torrado no 29 e no 33. Remata ésta primeira parte co partido encarrilado e a afición eufórica, o que se traduciría nun aluvión de clientes na cantina.
Por se alguén aínda non o sabe, o Deiro peca un pouco de “hermanita da caridade”, e iso soe traerlle algún que outro susto e/ou disgusto. Incapaz de abusar do equipo contrario cando as cousas lle saen ben, -tal como é o caso que nos ocupa-, en lugar de saír a arrollar a un desquiciado Figueirido, opta por relaxarse na segunda metade. Como non podía ser menos, na primeira  ocasión que o contrincante se acerca á portería local, marca o 3-1 (minuto 72), coa inestimable axuda dunha defensa que andaba un pouco dormida por aquel entonces. Para que o equipo reaccionara, foi necesario levar un bo susto na segunda e definitiva ocasión que tivo o equipo rival. A partires de ahí, o Deiro voltou axustarse a funda de traballo. Rematou o encontro con 15 minutos de bo fútbol, marcando de novo Torrado no 83, para culminar o seu particular “hat trick”. O fin de festa poñeríao Augusto, con gol de impecable vaselina, no minuto 90.
 
RESUMINDO:
O DEIRO: O equipo dos mellores tempos. Foi infinitamente superior ó seu rival, ó que superou en todo, e en todo momento. O mellor de todo é que xogue quen xogue, o equipo funciona exactamente igual de ben. Nin a falta de Iago (que cumplía sanción) se notou. Hai equipo e hai banquiño.
O RIVAL: Posiblemente o máis débil ata o de agora, anque cabe resaltar que se atopou enfrente a un equipo que hoxe funcionou como unha apisonadora. Subliñar, tamén, que foi un equipo que practicou xogo limpo e deixou xogar ó fútbol.
O ARBITRO (8): Se ben na última media hora perdeu un pouco os papeis, e sacou algunha tarxeta de xeito incomprensible, nadie duda de que Moisés é un árbitro excelente, posiblemente o mellor da categoría.
TARXETAS: DEIRO: Amarelas para Diego, Rupo e Atilano. Vermella a Ricardo.
FIGUEIRIDO: Amarelas para Simón e Luis.
GOLES: DEIRO: Milo no´25. Torrado (3) ´29, ´33 e ´83. Augusto no ´90.
FIGUEIRIDO: Rogelio no ´72.
A GRADA: Maís de 300 espectadores se deron cita hoxe no Monte da Lomba. 30 seguidores de Figueirido acompañaron ó seu equipo, comportándose de xeito exemplar. En canto á afición do Deiro, unha vez máis, dicir que son a envexa da categoría, e incluso me atrevería a dicir do fútbol da comarca. En moi poucos campos se poden ver tantos seguidores como no Monte da Lomba. E, sobor de todo, ningún equipo arrastra tanta xente nos seus desplazamentos.
OS DO DEIRO 1 X 1
(Puntuación de 1 a 10)
DIEGO: 7                
RUPO: 8
DANI: 7
ATILANO: 8
ANDRES: 8
VICTOR: 7
JORGE: 8
XAMBO: 8
TORRADO: 9
MILO: 8
TONI: 8

MARCOS (min.57 por Jorge): 7
AUGUSTO (min.69 por Xambo): 8
RUBEN (min.79 por Milo): 8
HARRY (min.86 por Torrado): 7
 
A FIGURA:  Torrado: 9 Reecontro co gol por todo o alto.
                    
   

    7 de Decembro de 2008


 
 
 
 


CRONICA  2ª AUTONOMICA

9ª XORNADA:  DEIRO vs DOMAIO: 2 - 4
 

CAEU O FORTÍN
 

Non perdía partido o Deiro no seu feudo dende hai case dous anos, naquel Deiro - Grove “b” da temporada 2006/2007, que se saldaría con 1-2 a favor dos mecos, equipo que, á postre, se proclamaría esa mesma temporada campión de Liga.
Daquela, o rival era - con creces- o equipo máis forte da categoría, e o equipo que hoxe tiñamos enfronte demostrou, tamén, que posiblemente sexa o mellor deste grupo. Agora ben, a diferencia deste a aqueloutro encontro, marcouna o xogo do Deiro. Contra os do Grove, o equipo funcionou ás mil maravillas, despregando un fútbol moi vistoso, rápido e vibrante, no que puxo contra ás cordas ós visitantes durante toda a segunda metade, e onde a falta de sorte e unha pésima arbitraxe, lle arrebatou un triunfo que de certo mereceran.
En cambio o de hoxe foi un partido malo dende o comenzo ata o final. Comenzou marcando o Deiro de penalti perfectamente transformado por Milo, e a partir de ahí, voltóuse a por en evidencia o que xa se vira a semana pasada en Moraña; Fútbol ramplón, sin control, falto de ideas... Paupérrimo en ataque, embarullado no medio do campo, e - sobor de todo - , horrible en defensa.
Entre tanto descontrol, só nos faltaba que a liña defensiva fose unha auténtica coladeira. Con todo, foise ao descanso con empate a uns.
Na segunda metade, os despropósitos foron en aumento, e o Domaio cada vez que chegaba arriba marcaba gol, así ata tres, e todos eles cunha contundencia pasmosa. Ao fío do pitido final, Augusto encargaríase de marcar o segundo para os seus, que malamente sirveu para maquillar o resultado final.
Podo asegurar que o Domaio foi xusto vencedor deste duelo, que foi superior en todo ao Deiro, e que despregou bo fútbol, práctico e efectivo, o que posiblemente fará que os do Morrazo rematen a Liga no máis alto da táboa.
E nós... pois de momento, a velas vir.
Non quixera ser agoreiro, pero a este paso imos pasalo mal, o próximo Domingo tócanos, a priori, un dos partidos máis duros da temporada, viaxamos a Beluso, é o que é pior, ao seguinte descansamos.
De tódolos modos, espero que na próxima crónica me dea un severo ataque de euforia polo ben que xogou o equipo, e supoño que vostede tamén....
 
 
 
 
RESUMINDO:
O DEIRO: Home, o mellor sería non alarmarse, pois enfróntamonos ó mellor equipo dos que nos tocou ata o de agora. Nembargantes, urxe un profundo cambio de actitude, temos que trballar arreo e baixar da nube, polo ben de todos...
O RIVAL: Un equipazo. Superounos en todo, ata na picardía...
O ARBITRO (9): Nada que reprochar. Erros, os xustos. Amosou madeira e carácter de árbitro.
A GRADA: A do Deiro, fría como a tarde. O espectáculo non daba para máis, voltou marchar xente antes do final. En número, o habitual. Sobre corenta aficionados de Domaio viñeron animar ó seu equipo.
OS DO DEIRO 1 X 1
(Puntuación de 1 a 10)
HECTOR: 5             
QUIQUE: 5
DANI: 5
XAMBO: 5
IAGO: 5
VICTOR: 5
HARRY: 5
AUGUSTO: 5
TORRADO: 5
MILO: 5
RUBÉN: 5

JORGE: 5
FLECHA: 5
ANDRES: 5
 
A FIGURA:  ¿?
                    
   
 

 
    2 de Novembro de 2008


 

 

 Iago, hoxe foi o mellor do partido

CRONICA  2ª AUTONOMICA

7ª XORNADA:  DEIRO vs ATL. ESTACION: 4-1


“11 HOMES SIN PIEDAD”

Non obstante, o título desta película (no filme protagonizado por John Huston eran doce) só sería válido aplicalo para o resumen do segundo tempo.
Os primeiros corentaecinco pecaron de excesivo centrocampismo, cun lixeiro dominio local. O rival amosábase firme en defensa e correoso no medio campo. O Deiro intentaba crear ocasións, maiormente a través de Torrado, que se atopaba unha e outra vez coa tupida e eficaz defensa visitante. Subliñar que Diego tivo que deixarlle a portería a Liño no minuto 38, doente dunha rodilla.
Marcou o primeiro gol Milo, - cómo non - de penalti, a falta de 4 minutos para rematar éste primeiro tranco; anque a ledicia duróunos ben pouco, un minuto máis ou menos, tempo dabondo para que marcara un golazo o equipo pontevedrés  por medio de Luis Torrado, totalmente imparable para o cancerbeiro local; e así se enfilaron os vestiarios.
O segundo tempo sería outra historia...
Coa entrada de Augusto e Flecha, o equipo saltóu ó campo moi motivado, impuxo un ritmo altísimo, e creou infinidade de ocasións. Como nos mellores tempos, o conxunto funcionou como un “Perkins”, tremendo en ataque, e cunha seguridade pasmosa en defensa, gracias, sobor de todo a un Iago que hoxe se saíu.
Unha festa para o público, na que o Deiro afinou a orquestra como nunca, e na que o equipo rival bailóu ó seu son. En plena danza, Xambo intérnase na área deixando medio equipo contrario atrás, e marca, escorado, un gol de antoloxía. Siguéulle un golazo de Toni, e rematou a faena Augusto con gol de tiralíneas.
Cando o árbitro pitou o final, os espectadores non se querían mover dos seus asentos.
 
RESUMINDO:
O DEIRO: Fíxonos lembrar ó mellor Deiro da temporada pasada. Queda case toda a Liga aínda por diante, e non sabemos co que nos podemos atopar, pero hoxe quedou demostrado que non lle temos medo ningún a ésta categoría.
O RIVAL: Aguantou moi ben o primeiro tempo, no que creou un par de ocasións moi boas e marcou un auténtico golazo. Que nadie subestime a éste equipo,que por certo, practica xogo limpo.
O ARBITRO (8): Anque nos anulou un penalti de libro, deixou unha boa impresión. Movéuse moito polo campo, e sobor de todo deixou xogar ó futbol, aplicou moi ben a lei da ventaxa e andivo fino nos foras de xogo. Do melloriño ata o de agora.
A GRADA: A bancada abarrotada e a valla ocupada de punta a punta.
O MELLOR: Coa victoria de hoxe, subimos un peldaño na clasificación: segundos a un punto do primeiro. ¿Pódenos pasar algo mellor?... pois sí, poñernos de primeiros… íso queda para o vindeiro Domingo.
O PEOR: A lesión do porteiro Diego (esperemos que non sexa nada)
O DETALLE: É unha mágoa, no monte da Lomba empezamos e rematamos todos os partidos no minuto 8 !!!!. ¿A que Santo haberá que poñerlle unha vela?
 
OS DO DEIRO 1 X 1
(Puntuación de 1 a 10)
DIEGO: 8 Salvou ó equipo           nun par de ocasións.                  
VÍCTOR: 8 Expeditivo.
DANI: 7 Sin problemas.
ATILANO: 8 Incisivo.
IAGO: 9 Tremendo, saca de quicio ó contrario.
ANDRÉS: 7 Contundente.
HARRY: 7 Solvente.
XAMBO: 9 Impuxo a súa autoridade no campo.
TORRADO: 7 Moi marcado.
MILO: 9 Con poderío.
TONI: 9 Sigue nas del, un delirio para calquer defensa.

LIÑO: 8 Áxil, cuajou unha boa actuación.
AUGUSTO: 9 Matador, non da tregua.
FLECHA: 8 Fartouse de centrar á área.
RUBÉN: 7 Rápido pola banda.
MARCOS: 7 Seguro.
 
A FIGURA: IAGO: 9  Santo e seña do Deiro. A éstas alturas, e coa temporada que leva facendo, xa nadie duda de que ésta categoría lle queda corta. Aporta, máis que nadie, seguridade a raudales en defensa. Treme o campo cando se lle da por saír ó ataque.
                    
   
 
 
    19 de Outubro de 2008


 

 

 

CRONICA  2ª AUTONOMICA
6ª XORNADA:  NOALLA vs DEIRO: 1-2

 

OLÉ !!...
 

Así rematou coreando a afición de San Miguel os pases dos últimos minutos do partido, partido no que hubo de todo, e no que hasta a Policía Local e a Garda Civil foi recibida con vítores, xa cando tomaban a rotonda de Noalla ao máis puro estilo “Os homes de paco”.
Pero antes de chegar a éste curioso final, houbo un comenzo: Plantouse o Deiro no campo da Lanzada ben ordenado, cunha defensa con poucas fisuras e prodigándose en ataque, con algunha que outra xogada polas bandas de moito mérito. O Noalla, pola súa banda, intentaba algún tímido achegamento á area visitante; anque, para ser realistas, o seu no día de hoxe, foi parar as embestidas do rival de maneira, digamos, pouco deportiva. Tan pouco deportiva que rematou o partido con catro xogadores menos.
Nesta primeira parte chegarían dúas xogadas destacadas de Milo: Un golazo de fóra da área, a media altura e pegada ó poste esquerdo, e máis tarde fallaría un penalti.
Na segunda metade, empataría o Noalla, e a partir de ahí, acabouse o partido. O equipo local volcouse en defender o resultado con uñas e dentes, sobor de todo con “uñas”, de ahí que se gañara dúas ben merecidas expulsións, a partir do cal, o trencilla, un pouquiño acojonado polo ambiente, e por algún xogador de Noalla (tal como escribe en acta), decide parar o partido a falta de 15 minutos, ca intención de suspendelo se non acudían as forzas de Orden Público. 15 minutos despois facían a súa entrada espectacular unha parella da Garda Civil e outra da Policía Municipal, (homes todos eles, eh?..). polo que o árbitro decidiu continuar.
Sen quitarlle méritos ó equipo, este “terceiro tempo” foi dos seguidores do Deiro, que supoñían un 90% do público na grada, e que deixaron atónitos ós seguidores locais, que, íso sí, frotábanse as mans polo recaudado na taquilla e na cantina. Esta vez sí, Milo marcou de penalti, e o público respondeu cuns aplausos máis sonoros ca nunca ata o final do partido, ooolés incluídos.
Un marchouse para a casa co sorriso de orella a orella, e pensando: mira que se chega a ser inverno..... iso sí, cunha sede nejra.
 
 
RESUMINDO:
O DEIRO: Pois a mín gustóume, e penso que o resultado foi engañoso. Nesta liña vamos ben...
O RIVAL: E este non me gustou nada... bastante marulleiros.
O ARBITRO (8): Estábao a facer bastante ben, hasta que os nervos fixeron presenza en algúns xogadores. Incluso a decisión de suspender o partido é posible que fose acertada, anque sabíamos que a nós nos iba a perxudicar.
A GRADA: Pregunta: ¿vai máis xente ó Monte da Lomba ou a fóra?; a resposta é máis complicada do que parece. Máis ó Monte da Lomba, pero a diferencia é ben pouca...
O MELLOR: Tres puntiños máis, de momento, a categoría non nos asusta.
O DETALLE: Tamén se gañou a rifa, a muller de Martínez veu carga de botellas de viño, embutidos e conservas. Despóis do que tuvo que aturar ós seguidores do Noalla, debe saberlle a gloria...
 
OS DO DEIRO 1 X 1
(Puntuación de 1 a 10)
Diego: 7                             
Quique: 8
Dani: 7
Atilano: 7
Iago: 8
Andrés: 8
Harry: 7
Xambo: 7
Torrado: 7
Milo: 9
Toni: 9
_____________
Flecha: 7
Víctor: 7
Roberto: 7
Rubén: 7
 
A FIGURA: Pois, sin que sirva de precedente, a elección de hoxe é ben difícil, polo que van ser dous:
                     Milo: 9. Ou cómo se resolve fácil un partido
    Toni: 9. Leva 3 partidos intratable (pesadillas teñen
                                        que sofrir os defensas con él)                         
 

 
    12 de Outubro de 2008

_____________________________________________________
 

                  Iaguiño, o máis destacado do encontro

 

 

CRONICA  2ª AUTONOMICA
5ª XORNADA:  DEIRO vs MONTEPORREIRO: 2-2
 

LUCES E SOMBRAS
 

Esta sería a mellor frase para definir un partido extraño, no que os de San Miguel amosaron dúas caras nidiamente diferenciadas, ao contrario que o seu rival, que foi fiel ó seu estilo dende o principio ó final.
Quizáis o equipo agardaba, a priori, un resultado ben distinto do que se deu, ou se pensaba de antemán que éste partido iba a ser fácil de resolver, dado que se xogaba contra o colista, cando en realidade, ser o colista na quinta xornada de Liga non significa nada, ou non deixa de ser, -na maioría dos casos- algo anecdótico a estas alturas. Sí, quizáis todos nos esperábamos algo máis de este encontro, e nos fixemos demasiadas ilusións.
Pero os partidos, como todos sabemos, gáñanse no campo (en tempo real, como se adoita dicir agora). No minuto 9 de xogo, o dianteiro rival Angel, sembraría as dúbidas na grada, marcando o primeiro tanto, o que producíu que o Deiro xogara toda esta primeira parte bastante desconcertado, ao meu parecer. A rachas incisivo, a rachas ramplón. Iso sí, dispuxo de unhas cuantas boas ocasións para marcar nesta primeira metade, anque a sorte tampouco lle foi propicia.
Na segunda parte, o equipo parecía voltar polos seus fueros, e despóis duns primeiros dez minutos dubitativos, o fútbol e a velocidade regresou ó Monte da Lomba. Un Toni enorme (unha vez máis) encargaríase de empatar no 65, tres minutos antes de que o colexiado lle sacara a segunda amarela a Augusto, (demasiado rigurosa, por certo) xusto cando éste estaba a dar o mellor de sí. Toni marcaría de novo no 75, despois dunha xogada maxistral de Iaguiño, o cal lle deu o pase, despóis de levar arrastro a medio equipo de Monteporreiro, levando o delirio á grada. E nesas estábamos, felices e botando números, cando no último minuto dun partido excesivamente alongado polo árbitro, de novo Angel aproveitou un barullo no área para marcar o empate definitivo. Máis ca nunca, se pode dicir que nos quedou “cara de parvo”.
 
 
 
RESUMINDO:
O DEIRO: Un tropezo no camiño tenno calquera, o que non debe empañar o excelente arranque de Liga que estamos a vivir. Borrón, conta nova e a polo Noalla o vindeiro Domingo.
O RIVAL: Equipo tremendamente xoven (agás o porteiro). Loitador. Fixeron o seu partido e saíulle quizáis mellor do que mereceron.
O ARBITRO (7): Excepto algunhas lagunas (a expulsión de Augusto nin sequer foi falta), faltas de apreciación, e que non debeu alrgar tanto o partido, ben, mellor que a maioría.
A GRADA: Soberbia fóra, é moi posible que non haia en toda a categoría unha afición tan volcada co seu equipo. O Deiro remata os seus partidos ovacionado polo seu público, gañe, perda ou empate.
O MELLOR: A pesar do empate, ocupamos a terceira plaza.
O DETALLE: O Monte da Lomba estáse a convertir nun fortín, non perdemos na casa dende o partido co Grove “b”







Añadir comentario acerca de esta página:
Tu nombre:
Tu mensaje:


SANCIONES
TIEMPO EN VILANOVA DE AROUSA
 
Hoy habia 3 visitantes (27 clics a subpáginas) ¡Aqui en esta página!
=> ¿Desea una página web gratis? Pues, haz clic aquí! <=